Tanto a poesía como a narrativa galegas se ocuparon da Guerra Civil e da posguerra con máis intensidade có teatro. Como apunta Xulio Lago (Teatro do Atlántico), a voltas cos recitais poético-musicais de Memoria do 36, en 1978 os autores e compañías galegas "podíanse contar cos dedos cunha man". Porén, ninguén diría que á xeración de Ruibal, Vidal Bolaño e Lourenzo lle faltou compromiso.
Máis alá das Irmandades e da memoria histórica en positivo (1931-1936), Iolanda Ogando (Teatro histórico: construción dramática e construción nacional) fala de tres memorias. O teatro "como memoria do 36" inclúe Zardigot ou O cabodano, de Ruibal. As dúas lembran as vítimas do golpe, como Casa dormida (Álvarez Cáccamo) ou Doentes (Bolaño), todas arredor da represión. Falando do teatro como "depósito da memoria" durante o franquismo e a transición, poderíanse citar A soldadeira (Luís Seoane), escrita no exilio e nunca representada, Auto do prisioneiro (Calero), Xelmírez ou a groria de Compostela (Cortezón), A larva furiosa (Lourenzo) ou Os irmandiños, de Manuel María.
MÁS INFORMACIÓN
E tamén habería que falar do "teatro como vítima", lembra Ogando. En 1991 apenas se coñecía a Lugrís Freire, autor homenaxeado no Día das Letras 2006. Como conteiro, Cándido Pazó considera que aínda hai moito que expiar, se falamos de foxas comúns. "Eu primeiro escoito", di. No ronsel do Ano da Memoria, dúas obras: Café Imperial. Vigo 1936, de Eduardo Alonso, e o último texto de Roberto Salgueiro, Memoria de Helena e de María, aínda inédito.
BIBLIOGRAFÍA
O mariscal (1926). Vilar Ponte e Ramón Cabanillas.
Auto do prisioneiro (1971). Ricardo Carvalho Calero.
Xelmírez (1971).
Daniel Cortezón.
Zardigot (1973).
Euloxio Ruibal.
A larva furiosa (1985).
Manuel Lourenzo.
Eu, Gulliver Ferreiro (1988). Xulio Lago.
Pegadas (1998).
Roberto Vidal Bolaño.
García (2006).
Cándido Pazó.
* Este artículo apareció en la edición impresa del Viernes, 15 de diciembre de 2006