Construccións Otero Pombo é una pequena promotora inmobiliaria como tantas outras. A diferenza está no que fai e na lingua na que o escribe. "Nesta empresa ata os plans e os proxectos falan galego", subliña Xosé Otero Pombo, propietario e fundador da compañía. A firma compostelana emprega a 60 personas e factura unha media de 6 millóns de euros por ano. A súa especialidade son as rehabilitacións de zonas e edificios emblemáticos. Faino tan ben que, no 2005, gañou a VII Bienal de Arquitectura de España pola recuperación da antiga Vaquería do Carme de Abaixo (Santiago de Compostela) , que converteu nun engaoilante edificio de vivendas.
"Como mellor funciona esta empresa é en galego. É o idioma noso, dos nosos empregados, da maioría dos nosos proveedores e clientes. O dos planos non é esaxeración: nos traballamos co catedrático de Intervención do Patrimonio da Politécnica de Múnich, o arquitecto Víctor López Cotelo e el fai tódos os proxectos en galego", explica Xosé Otero, un enxeñeiro técnico que leva 25 anos construíndo vivendas e espazos públicos na capital de Galicia.
MÁS INFORMACIÓN
"Nós facemos todo en galego: as memorias das obras, os planos, os carteis de obra, os proxectos, a publicidade,... todo. Vainos ben e gústanos máis así. É todo máis natural", subliña o empresario.
Construccións Otero Pombo está a proxectar neste momento a rehabilitación de tres antigas fábricas de curtidos en Compostela e ten outros tres edificios de vivendas en construcción. Todas as obras dos últimos anos teñen especializado á empresa como un referente en España no deseño de recuperación e reconversión de antigas fábricas abandonadas.
* Este artículo apareció en la edición impresa del Viernes, 23 de marzo de 2007