O ensaísta aconsella por riba de todo Unha soidade demasiado ruidosa, de Bohumil Hrabal, unha noveliña "marabillosa, con humorismo e drama" traducida por Rinoceronte. Tamén recomenda As décadas de L.T., de Lois Tobío (Do Castro), e os relatos de Miguel Anxo Murado O soño da febre. Baamonde refuga con humor a pregunta de que libros non había recomendar nunca: "Non me colledes nun renuncio. Este é un sitio pequeno e non quero malquistarme con ninguén". As súas lecturas para este verán comezan pola biografía de Samuel Johnson de James Boswell; a gran selección de W.H. Auden Los señores del límite, e Los kurdos, de Kevin Mckiernan.
MÁS INFORMACIÓN
* Este artículo apareció en la edición impresa del Viernes, 29 de junio de 2007