O coordinador de edición dixital propón Palabras contadas, os microrrelatos de Camilo Franco; Os hemisferios, de María do Cebreiro, e Clío nas ondas, de Ramón Villares. Non lle aconsellaría a ninguén a lectura de Ana María Ríos: voda, cárcere e fama. Con outros motivos, consi- dera que aos Escritos sobre federalismo e galeguismo de Aureliano Pereira e A lingua galega na cidade do século XX, de Gabriel Rei-Doval, "préstalles mellor unha lectura outonal, máis repousada". Barreiro, que tamén é historiador, lerá Pancho Villa (Paco Ignacio Taibo II), O club da calceta (María Reimóndez) e o Arthur e George (Julian Barnes) de Rinoceronte Editora.
MÁS INFORMACIÓN
* Este artículo apareció en la edición impresa del Viernes, 29 de junio de 2007