Selecciona Edición
Selecciona Edición
Tamaño letra
LUCES

Emma Ríos

A ilustradora recomenda tres clásicos da literatura galega: A Esmorga, de Eduardo Blanco Amor; De catro a catro, de Manuel Antonio, e Con pólvora e magnolias, de Ferrín. E aproveita para demandar que se potencie o mercado de libros traducidos ao galego. "Este recomendaríao se estivese en galego: Son lenda, de Richard Matheson". A deseñadora procurará botarlle o dente durante o verán a Fantasmas, de Chuck Palahniuk, Pájaros a punto de volar, de Patricia Highsmith, e Tranversal número 1, unha revista-libro de ensaio de varios autores "con ese retroceso utópico filoanarquista que a min me revitaliza de vez en cando".

MÁS INFORMACIÓN

* Este artículo apareció en la edición impresa del Viernes, 29 de junio de 2007