Selecciona Edición
Selecciona Edición
Tamaño letra
Reportaje:Luces

No país dos contos

Yolanda Castaño e Marilar Aleixandre ao prezo de un euro

A colección No país dos contos, unha iniciativa da edición galega de EL PAÍS e da editorial Galaxia, ofrece hoxe un novo libro para nenos. Ao prezo de un euro, nos quioscos poderá mercarse conxuntamento co xornal o relato Quen son?, de Alicia Borrás, con ilustracións do debuxante Andrés Meixide.

Os vindeiros luns e mércores, ao mesmo prezo, ofreceranse outros dous títulos. O primeiro deles é un dos libros en galego máis vendidos nos últimos meses, Punver, un relato sobre un verme punk froito dunha incursión na literatura para nenos da poeta Yolanda Castaño. O volume, en tapas duras como todos os 22 que integran a colección, está ilustrado por Eduardo Hermida. O relato á venda o mércores será Herbalúa, dunha das autoras galegas máis galardoadas pola súas obras infantís, Marilar Aleixandre, con debuxos de Enjamio.

* Este artículo apareció en la edición impresa del Viernes, 30 de noviembre de 2007