Selecciona Edición
Selecciona Edición
Tamaño letra
Luces

Os ditos sobre papel

O 'Dicionario de Fraseoloxía Galega' sae con 10.000 entradas documentadas

"Un salto cuantitativo na divulgación da lexicografía galega", di Manuel Bragado, o director de Xerais. O Dicionario de Fraseoloxía Galega, desde o 23 de abril nas librarías, recolle 10.000 entradas con expresións e frases feitas do galego oral e escrito, ademais de modismos, refráns e locucións. En conxunto, o maior repertorio de fraseoloxía publicado ata o momento.

O volume, preparado polas profesoras Carme López e María Rosario Soto, adxunta en cada entrada información sobre a palabra clave, frases que a integran, significados e exemplos de fontes literarias e xornalísticas dos séculos XIX e XX, e un apéndice con correspondencias castelás. As autoras tiñan unha contribución anterior, Así falan os galegos (Fontel). Soto publicou no ano 2004, na edición anual dos Cadernos de Fraseoloxía Galega, o traballo Aplicacións didácticas dos refráns. Sobre o traballo de Xesús Ferro Ruibal no Centro Ramón Piñeiro, coa elaboración en curso do Tesouro Fraseolóxico Galego, todo son parabéns. "Este dicionario aporta documentación", destaca Soto do libro de Xerais. "Nese sentido xa é unha novidade interesante, cada frase vén exemplificada cun texto... E tamén hai un certo traballo de recuperación da lingua do XIX, cunha expresividade que está aí". Bragado fai fincapé na recuperación da fraseoloxía propia. "Espero que o dicionario estea presente nos colexios, pero tamén nos medios de comunicación".

* Este artículo apareció en la edición impresa del Viernes, 9 de mayo de 2008