As grandes figuras en madeira do escultor de Cambados Francisco Leiro ocuparon as salas do centro nunha mostra coa que se rendía homenaxe a un dos artistas galegos máis universais. A exposición pretendía tamén dar un repaso á produción de Leiro durante máis de 25 anos. O comisario da mostra foi Miguel Fernández-Cid que ao longo da súa etapa abriu as portas do CGAC a moitos artistas galegos que tiveran unha traxectoria destacada. Nese mesmo ano tamen presentaron as súas obras no centro compostelán artistas coma Helena Almeida, Loris Cecchini e Elisa Sighicelli.
MÁS INFORMACIÓN
* Este artículo apareció en la edición impresa del Viernes, 20 de junio de 2008