Selecciona Edición
Selecciona Edición
Tamaño letra
Luces

Galego, vasco e catalán piden presenza no Estado e na UE

O Goberno balear traballará con Galicia, Euskadi e Cataluña para reclamar ante o Estado e a UE medidas para fomentar o uso das linguas periféricas. O protocolo ao que onte se adheriu Baleares, suscrito en Bilbao en marzo de 2007, é a primeira colaboración de carácter supraautonómica que se establece para impulsar as políticas lingüísticas e canalizar esforzos de cara á normalización das linguas oficiais distintas ao castelán.

"Cómpre moita pedagoxía no recoñecemento das linguas", dixo no acto, celebrado en Palma de Mallorca, a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López. "As especifidades", apuntou, "non deben ser óbice para a nosa colaboración". O viceconselleiro de Política Lingüística do Goberno vasco, Patxi Baztarrika, remarcou que o 40% da poboación do Estado vive en autonomías bilingües. "O Estado non só debe ser crinte do plurilingüísmo, senón tamén practicante".

No protocolo de colaboración lingüística solicítase ao Estado que, atendendo ao seu carácter plurilingüe e ao compromiso adoptado coa ratificación da Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias, faga súa a defensa de galego, catalán e vasco no ámbito das súas propias institucións. Especialmente no Congreso, no Senado, na Administración de Xustiza e nas sociedades estatais e empresas públicas.

* Este artículo apareció en la edición impresa del Viernes, 28 de noviembre de 2008