O 68 compostelán celebrouse a si mesmo. Onte, 40 anos, seis meses e nove días logo de que Benedicto, Moscoso, Xavier, Vicente e Guillermo subiran ao palco do paraninfo de Medicina, no acto fundacional de Voces Ceibes, os músicos regresaron ao lugar dos feitos. Coa excepción de Moscoso, aqueles "compañeiros de arredor dunha fogueira" lembraron con cancións a súa resistencia á ditadura nun Aula Magna ateigada. "Parecemos unha asociación de ex combatentes", ironizaba un estudante de antano.
* Este artículo apareció en la edición impresa del Viernes, 5 de diciembre de 2008