Selecciona Edición
Selecciona Edición
Tamaño letra
Luces

Roi Casal presenta o seu primeiro disco na Coruña

En formato acústico e modalidade case showcase (o anglicismo co que a industria musical denomina os pases promocionais) preséntase na Coruña este serán Roi Casal. Ás 19.30 e no local da FNAC, Casal exporá as cancións do seu debut en solitario, Lendas Douradas. Na rúa dende hai uns mese, o elepé é "resultado dun proceso de interpretación da cultura dun país baixo a perspectiva dun cidadán do século XXI".

Lendas Douradas recolle unha ducia de cancións compostas e cantadas por Roi Casal. Segundo notifica a discográfica, Pai Música, "froito dun coidado estudo da música tradicional, medieval e da poesía galega". Casal forma nas fileiras de Milladoiro dende o ano 2000 e na banda ocúpase da arpa que deixara vacante Rodrigo Romaní.

O disco, aparecido en novembro, fíxoo co tema Ninfa das frescas augas por bandeira. Instrumentación de sonoridades célticas e aires de pop comercial marcan as Lendas Douradas, a primeira gravación das que o "musicalmente ambicioso" Casal acometerá en solitario.

* Este artículo apareció en la edición impresa del Viernes, 16 de enero de 2009