Julio Cortázar, Jorge Luis Borges, Ernest Hemingway, Azorín, Gabriel García Márquez e Ernesto Sábato inauguran a colección Miradas alleas. A cargo da Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta, os libros, de gran formato, recollen escritos con centro en Galicia de autores de todo o mundo. Ao tempo, escritores e estudosos galegos realizan pescudas no vencello entre as celebridades literarias e o país.
O primeiro dos volumes trata de Julio Cortázar. Casado de primeiro matrimonio con Aurora Bernárdez, de familia galega, a man que inventou Rayuela amigou cos exiliados republicanos. Mesmo o seu editor, Francisco Porrúa, procedía de Bueu. En Palabras para Galicia, Ernesto Sábato escribe pouco antes de asistir en Galicia aos actos cos que o homenaxeou o Pen Clube. O poeta e ensaísta Claudio Rodríguez Fer investiga na obra de Jorge Luis Borges -Borges dende o labirinto galego-, mentres o profesor Xesús Alonso Montero se ocupa de Azorín. Sobre Gabriel García Márquez traballa o xornalista Carlos García Reigosa. De Ernest Hemingway pescando no río Ulla enacragarase o falecido Carlos Casares: Miradas alleas recupera o texto publicado no seu día pola editorial Galaxia.
O organismo da Xunta anunciou vindeiros números da serie. O segundo presidente de Estados Unidos, John Adams, Graham Greene, Federico García Lorca, o arxentino Roberto Arlt ou George Borrow amosarán a súa versión do territorio do noroeste peninsular.
* Este artículo apareció en la edición impresa del Viernes, 30 de enero de 2009