En 2004, Xoán Carmona atopou unha Corliss no edificio da histórica conserveira de Goday, na Illa de Arousa, que data de 1879. A máquina de vapor agochábase entre os refugallos do edificio, cuxa rehabilitación, tras un acordo coa familia, se puxo en mans de Gallego Jorreto. "Xusto a Fundación Barrié nos acababa de encargar unha exposición sobre a historia industrial de Galicia, así que pedimos prestada a máquina, que viaxou a Vigo e á Coruña". Devolta a Goday, a Corliss foi o orgullo dos veciños. Para Carmona, o país que nos estamos perdendo con este patrimonio desactivado aportaríanos "unha historia con máis experiencia industrial e empresarial da que pensamos". "A autoafirmación sería mellor así". Sen ser o galego un caso canónico de industria disolvente da identidade nacional -Murguía e Aguirre eran fillos de vascos-, hai aínda historia que debullar, tamén no que respecta á implantación da burguesía foránea. No mesmo enunciado da lei de patrimonio histórico está outro problema de base da cultura industrial: "O valor dos bens proporciónaos a estima que, como elementos de identidade cultural, merecen á sensibilidade dos cidadáns". A cultura política da cidadanía e a súa relación co urbanismo e co patrimonio.
* Este artículo apareció en la edición impresa del Viernes, 6 de marzo de 2009