Selecciona Edición
Selecciona Edición
Tamaño letra
Luces

Tui lembra o primeiro acto público en galego, de 1891

Surge et ambula [érguete e camiña] foi a consigna do Manuel Murguía que, o 26 de xuño de 1891, fixo parte dos Xogos Florais de Galicia en Tui. Aquela xornada, na que tamén participou o patriarca rexionalista Alfredo Brañas, inscribiuse na historia do galeguismo como o primeiro acto público realizado integramente en galego. O discurso de Murguía, como a primeira intervención pública do intelectual na lingua propia de Galicia: "[O noso obxectivo é] o renacemento dunha nacionalidade case morta e esquecida por medio da literatura, das tradicións e da historia". O Concello de Tui conmemora a efeméride estes días, onte cun recital poético a cargo de Darío Xohán Cabana, Marga Doval e María Xosé Quizán e mañá co remedo do "banquete rexionalista".

Naquel xantar comeron, hai 119 anos, 60 persoas. Mañá os comensais, no parador da vila, repetirán menú: sopa fina, raxo con cogordos, salmón á alacantina, langosta á rusa, pastel de pichós...

* Este artículo apareció en la edición impresa del Viernes, 25 de junio de 2010