Selecciona Edición
Selecciona Edición
Tamaño letra
Luces

A Coruña acolle o Congreso Galeusca

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) organiza na Coruña entre hoxe e o luns o XXVII Congreso Galeusca, que reúne a escritores de Galicia, Cataluña e Euskadi. A edición deste ano leva por lema Literatura en galego, éuscaro e catalán: unha viaxe de futuro.

Segundo a AELG, este congreso pretende promover "o debate arredor da importancia das nosas literaturas en lingua propia como subminsitradoras de contidos para contribuír a unha fértil industria cultural". Entre o mañá e o domingo haberá tres mesas redondas sobre a relación entre a literatura e o mundo audiovisual, as viaxes na literatura e outra sobre a convivencia entre os soportes impresos e os dixitais.

O programa complétase cun percorrido "rosaliano" pola cidade herculina o sábado e unha recepción no concello. A xuntanza pecharase cun recital de textos nas tres linguas, a cargo de Dores Tembrás, Nikolás Zamarro e Miquel Bezares, acompañados pola música de Xabier Díaz.

* Este artículo apareció en la edición impresa del Viernes, 29 de octubre de 2010