Selecciona Edición
Selecciona Edición
Tamaño letra
Entrevista:D.CAMPOS E A. COBAS | Club de lectores | Luces

"A crise serve para disimular a falta de interese"

As coordinadoras do ciclo de literatura galega Lectores Galegos en Bos Aires destacan, de maio a maio, a novela de Manuel Rivas Todo é silencio (Xerais), A cicatriz branca, o filme que roda Margarita Ledo, e o Ano Pereiro.

A xornalista Débora Campos e mais a filóloga Andrea Cobas xustifican a escolla "porque permite achegar as beiras do Atlántico e deixar en claro que a cultura galega é universal". Galegos hainos en todo o mundo, "mais só cando os libros, os filmes ou as accións son quen de espallarse e reflectir todas esas formas de vivir a identidade, só aí falan realmente do que é ser galego hoxe".

Tamén na diáspora perciben os efectos da crise. "O espazo na Feira do Libro de Bos Aires, así como a delegación galega, xa non contaron coa variedade doutros anos, e os cursos de galego non teñen coordinación ningunha. Ducias de persoas queren aprendelo e a administración desaléntaos!". Nese sentido, conclúen, "a crise adoita ser unha grande excusa para disimular a falta de interese".

* Este artículo apareció en la edición impresa del Viernes, 13 de mayo de 2011