O ex director do CGAC, agora á fronte do centro cívico-social Ágora, na Coruña, cita SÓS, de Mercedes Peón -"unha mestura incrible de estilos con pegada galega"-; Doli, doli, doli... coas conserveiras. Rexistro de traballo, o documental de Uqui Permui a partir do bruto gravado polas mulleres que decidiron pecharse, en 1989, nunha fábrica de conservas da Illa de Arousa, ou a exposición colectiva Casus Belli, no Auditorio de Galicia, onde o Cristo das Rías Baixas de Manuel Moldes volveu excitar o conservadurismo da cidade. Como primicia, Corporal (Je t'aime), o traballo sobre Lois Pereiro que están a producir Carlos Neira e Antía Otero, e as coreografías de Nuria Sotelo e Carlota Pérez Danza Homo-Natura e Míranos, presentadas na I Mostra de Danza de Galicia. Olveira pregunta "como se pode garantir a dinamización cultural neste tempo de recurtes neoliberais". "Moita xente leva traballado moito para erguer proxectos necesarios. Sen apoio, todo ese traballo pode ficar arrombado".
MÁS INFORMACIÓN
* Este artículo apareció en la edición impresa del Viernes, 13 de mayo de 2011