Contadora de historias, Carballeira quédase coa literatura, incluídos cómic e tradución. "Ademais de best-sellers como A praia dos afogados [Domingo Villar, Galaxia], o feito de adicarlle o Día das Letras Galegas a Lois Pereiro contribúe a dar a coñecer unha visión poética moi acorde cos tempos nos que vivimos", di tamén, no destaque de Conversa ultramarina (Positivas).
Autora de textos e de espectáculos para os pícaros, Carballeira pon de relevo "a integración doutras linguaxes audiovisuais que contribúen a que a literatura forme parte do noso universo referencial, como exemplifican O meu gato é un poeta [Fran Alonso, Xerais] e o apontoamento do libro como obxecto artístico, da man de Kalandraka ou Oqo".
No eido comercial nótase máis a crise. "É especialmente tráxico en sectores como o teatro ou a danza, que requiren unha forte inversión por parte dos creadores para moitas veces toparen cun muro á hora de distribuír os produtos", reflexiona.
* Este artículo apareció en la edición impresa del Viernes, 13 de mayo de 2011