Un vendaval 'loisista' en homenaxe ao poeta Lois Pereiro percorreu onte á noite numerosas localidades de Galicia e chegou ata Madrid ou París. Sucedéronse os recitais "expansivos", con lecturas de textos do autor ao que está dedicado este ano o Día das Letras Galegas, actuacións musicais ou teatrais ademais de calquera intevención espontánea arredor da figura do poeta punk.
Na Coruña, onde Pereiro viviu as dúas últimas décadas antes de falecer en 1996, o Vento Lois celebrouse na vella cárcere situada frente ao océano Atlántico e a Torre de Hércules. Baixo a dirección de Xurxo Souto e Manuel Rivas, e coa música de Ulträquäns e Loretta Martin, o Vento Lois na Coruña consistiu nunha festa aberta a calquera para lembrar o autor de Monforte de Lemos. Cesáreo Sánchez Iglesias, Xulio López Valcárcel ou Antía Otero foron algúns dos que tomaron a palabra na antigua cárcere coruñesa.
Locais culturais, bibliotecas, prazas ou incluso bares de outras localidades de toda Galicia acolleron actos similares promovidos polas asociacións de escritores e editores para lembrar, o mesmo día e á mesma hora, a quen lle gustaba convocar coa seguinte proclama: "A quen teña tempo, enerxía e desexe facer algo, que vaia propoñendo algo".
* Este artículo apareció en la edición impresa del Viernes, 13 de mayo de 2011