Selecciona Edición
Selecciona Edición
Tamaño letra
Entrevista:CHIU LONGINA | Artista sonoro | Luces

"A pleitesía ao poder é unha desvantaxe"

O cofundador de colectivos como Escoitar.org ou Alg-a, a comunidade de artistas dixitais, di non ter ningunha relación con institucións públicas. "A mesma Escoitar.org é unha institución, como cada un de nós. Así é como nos sentimos. Incluso pensamos que se todos os cidadáns tivesen este tipo e sentimento de horizontalidade cara ás institucións públicas, moito mellor irían as cousas. A pleitesía ao poder é unha desvantaxe para o crecemento persoal". Non é excluínte: "Todos sabemos moi ben o significado de diñeiro público, e todos os cidadáns teñen dereito a usalo, anque nós non fomos necesitando". Nos manifestos que asina en Escoitar.org aparecen decote referencias a Portugal hoje. O medo a existir, do sociólogo portugués José Gil. Reconstruír o sentido de comunidade e proxectalo cara ao futuro topa, no seu caso, co secuestro do espazo público: "Según Gil non hai espazo público porque está en mans dun feixe de persoas que perpetúan a estrutura das relacións de forza que representan. O espazo público que pode vincular aos cidadáns coa vida non é un salón de actos cedido por un museo á asociación de veciños ou ao cineclube local". Sobre o discurso neoliberal aplicado á cultura en Galicia, cun tan escaso tecido cultural, a Longina, antropólogo e musicólogo, faille graza a alusión ás orquestras como paradigma -segundo o conselleiro de Cultura- de independencia institucional. "É verdade que todas as sociedades occidentais acaban pasando unha etapa (neo)liberal, pero aquí posiblemente non chegou aínda ese momento. O que si considero moi necesario é liberar a nosa cultura das pexas ás que está sometida ás veces, que teñen que ver co desexo de crear un pasado épico. Basta xa de construír artificialmente un país".

MÁS INFORMACIÓN

Como artista ourensán radicado en Vigo, Longina querería fotografar a un ourensán cunha carpeta da Academia Postal fronte a un edificio da Xunta. "Ese é o paradigma do éxito aquí, e temos que loitar contra el para crear ese anceiado tecido cultural".

* Este artículo apareció en la edición impresa del Viernes, 17 de septiembre de 2010