Selecciona Edición
Selecciona Edición
Tamaño letra
Entrevista:BERTO YÁÑEZ | Creador de Chuza! | Luces

"Non se poden repartir cartos sen estratexia"

"Un negocio en Internet non pode vivir de subvencións", dixo recentemente Berto Yáñez nunha entrevista en Galicia Confidencial. O que fora deseñador de Acordar-Vieiros, creador de Chuza! e agora coordinador da consultora A navalla suíza -dela saíron proxectos como Eufalo.tv ou galegoLab- dicíao "en xeral". "Non se pode pensar nun modelo de negocio só baseado no apoio institucional, sen ter en conta as posibilidades no mundo real".

Do mesmo xeito, pensa que esa tendencia "tan habitual" pode crear vicios que non adoitan rematar ben. "Eu téñome atopado proxectos que puideron reverter melloras na sociedade e, porén, a única intención era conseguir financiación institucional". O que critica Yáñez é a "manipulación" deste sistema. "Parte da culpa tamén a ten a administración, repartindo cartos sen estratexia a quen non os precisa ou de xeito tendencioso. Levan moitos repartindo peixe, cando o que precisamos son canas de pescar".

MÁS INFORMACIÓN

Disinte cando Cultura fala de priorizar en 2011 as actividades "máis rendibles". "Hai que traballar cunha estratexia e dar oportunidade ás boas ideas de futuro". Dacordo estaba cando o conselleiro tomou posesión e dixo ver unha cultura galega "acomplexada e ensemismada". Asumindo, eso si, "que está en clara desvantaxe con respecto a outras e que o idioma é un punto a favor".

* Este artículo apareció en la edición impresa del Viernes, 17 de septiembre de 2010