Selecciona Edición
Selecciona Edición
Tamaño letra
Entrevista:HEVI | Rapeiro | Luces

"Non vivimos disto, así que non hai estrés ningún"

O Hevi non para. Co primeiro vinilo de Fluzo -hip hop de avangarda e exstencialismo surrealista no flow- recentemente acabado, prepara músicas para un novo epé de Juanito Bros. E antes de fin de ano, anuncia material do trinque de Malandrómeda. "Non vivimos disto, así que non hai estrés ningún", argúe sobre a distancia que sempre afastou os seus proxectos de institucións e subsidios públicos.

"Cando fas música, fas música", engade, "a distancia [coas institucións] é máis á hora de movela". Todos os traballos do Hevi saen á luz con licenzas creative commons: "Pola liberdade á hora de compartir, calquera que dispoña dos medios pode acceder ás nosas pistas sen medo a ser multado, e porque estas licenzas che permiten mirar polos teus dereitos sen ter que afiliarte a nada".

MÁS INFORMACIÓN

O Hevi, porén, é consciente das contradicións. "Hai moitos festivais e salas que reciben subvencións, e cando participas neles, estás subvencionado indirectamente", admite, e critica que "os mesmos que subvencionan o caché de grupos que xuntan sete persoas, pechan e multan locais que estaban programando con éxito de público".

* Este artículo apareció en la edición impresa del Viernes, 17 de septiembre de 2010